viernes, 19 de septiembre de 2014

O 16 de Agosto foi a celebración da festa Folk. Moitos dos socios da peña xustaronse como de costume para comer, beber, divertirse e quedar ata a noite e ver as actuacións Folks. Esta data é significativa porque é o primeiro aniversario da peña, o ano pasado na festa folk foi onde eliximos o nome da peña e comenzou a andar. Aqui vos deixo unhas cantas fotos.

martes, 5 de agosto de 2014

O día 12 de Xullo foi o día grande da peña Amigo do Camión de Quintáns. Como tódolos anos fomos na procesión de San Cristobal en Negreira co camión de Quintáns. Despois da procesión fomos a comer ao Noso Lar. Deixovos unhas cantas fotos.

viernes, 14 de marzo de 2014

Cea de Entroido do 2014

O día 28 de Febreiro celebramos a cea de entroido. Os asistentes que viñeron a cea foron: Julio, Celia, Jorge, Sandra, Fran, Helena, Susana, Álvaro, José, Sofía, Suso, Quintáns, María, Ponte e Raquel. Tamén atopamos despois da cea algún membro da peña disfrazado como Chito, Patricia, Golan...
Aquí vos deixo unhas fotos, non son moi boas e foron feitas na cea cando a calor fixo que quitaramos a metade do disfraz. Os homes íbamos de loitadores de sumo e as mulleres de geishas. Se alguén ten máis fotos que mas mande para pódelas subir.


sábado, 1 de febrero de 2014

Disfraz de Entroido

Na reunión que tivemos o día 31 no bar Triskel decidimos que imos ir disfrazados de loitadores de sumo do Japón. As mulleres si queren poden ir de gheisas. A cea vai ser o día 28 de febreiro e hai que confirmar asistencia antes do 16 para decidir en que lugar a facemos.

lunes, 27 de enero de 2014

Reunión día 31 de Xaneiro

Recordamos que o venres 31 de xaneiro no bar Triskel ás 21:30 h. vamos a ter a reunión para que a xente pague a cota de 20 € anual. Se nos ides vir podedes pagar facendo una transferencia a conta da peña que é 1465 0100 99 2036286451. Tamen podedes darlle os cartos a calqueira socio que veña a reunión. Este día tamén imos decidir o disfraz de entroido polo que traede ideas da casa.

lunes, 13 de enero de 2014

Estatutos

Os estatutos definitivos podedes descargalos desde este enlace:
https://sites.google.com/site/penhaacq/pdf/estatutos.pdf

1ª Asamblea Xeral da Peña

A 1º Asamblea Xeral da peña tuvo lugar o día 11 de xaneiro no Bar Triskel de Negreira ás 20:00 h. Os asistentes a esta asamblea foron: Quintans, Patricia, Sandra, Ismael, Julio, Santi, Alicia, Juanín, Xanín, Golan, Chito, Paco, Jorge e Suso.
As decisión que se tomaron foron as seguintes:
  • Unha cota anual de 20 € para cada socio a pagar todolos anos antes do 31 de xaneiro. Pódese pagar a calqueira membro da directiva, a través de transferencia a conta da peña ou na reunión que se vai facer o día 31 de xaneiro no bar Triskel ás 21:30 h.
  • Elexir como bar de reunión provisionalmente o Triskel ata que a Directiva encontre un mellor se existe.
  • Aprobar os estatutos co vota a favor de todos os socios que asistiron a asamblea.
  • Elexiuse a Directiva: como presidente Suso, como vicepresidente Quintans e como Secretario-Tesorero Jorge
  • Acordouse facer unha primitiva semanal de 4 €.
Aqui tendes unhas fotos dos asistentes a Asamblea e da Directiva

martes, 7 de enero de 2014

Convocatoria da 1º Asamblea Xeral

O sábado 11 de xaneiro vamos a facer a primeira Asamblea Xeral da peña para aprobar os estatutos e a directiva. Todos os que poidan que asistan. A reunión será no bar Triskel de Negreira.

jueves, 2 de enero de 2014

Borrador dos Estatutos

Nunha data próxima vamos a convocar aos socios de peña para aprobar os estatutos. Para aprobalos sería interesante que viñeran o número máximo de socios e facer unha votación entre todos cas modificacións que fagan falta.
Deixovos o borrador dos estatutos para que lle vaiades votando un vistazo.
https://sites.google.com/site/penhaacq/pdf/BorradorEstatutos.pdf