miércoles, 19 de julio de 2017

O sábado 8 de xullo foi o día da procesión dos camións en Negreira. Despois da procesión fomos a comer ao refuxio de Cobas. Aqui vos deixamos unhas fotos.

jueves, 16 de marzo de 2017

O venres 24 de febreiro celebramos a tradicional cea de entroido. O restaurante elexido foi o Imperial e a cea estivo estupenda. Os asistentes a cea foron Suso, Quintans, María, Santi, Lucía, Xanín, Álvaro, José, Jorge, Sandra, Patricia, Torreira, Jerry, Maika, Julio, Jorge e Pili. Aqui podedes ver unhas fotos.

martes, 27 de diciembre de 2016

O sábado 3 de decembro de 2016 celebramos a cea de nadal á cal asistimos 32 persoas entre socios e simpatizantes. O restaurante foi o mesmo que o ano pasado, O Barqueiro de Negreira ao cal temos que agradecer a atención recibida, a súa amabilidade asi como a bo que estaba toda a comida. Os asistentes foron: Sonia, Clara, Celia, Sandra, Belén, Vanessa, Susana, María, Pili, Helena, Lucia, Santi, Rubén, Torreira, Jerry, Maika, Ismael, Roberto, Suso, Cunis, Marcos, Julio, Jose, Álvaro, Duki, Jorge, Fran, Patricia, Chito e Golan.
Aqui podedes ver unhas fotos.

Tamén podedes ver as fotos no seguinte enlace https://docs.google.com/presentation/d/1qQmEkbVspoKjrdJPBpO9vZfOe7kQhgiZzo9kKq4K7cs/pub?start=true&loop=true&delayms=5000

jueves, 21 de julio de 2016

San Cristobal 2016

O sábado 9 de xullo foi o día da procesión dos camións en Negreira. Despois da procesión fomos a comer ao refuxio de Cobas. Aqui vos deixamos unhas fotos.

Tamen podes ver as fotos pulsando aqui https://goo.gl/photos/G7uJB5qcA7EUmDtc8

lunes, 11 de abril de 2016

Entroido 2016

Imos colgar as poucas fotos que temos do entroido de 2016 na que fomos disfrazados de vikingos. A Cea celebrouse no bar-restaurante Imperial de Negreira o día venres 5 de febreiro. Os asistentes a cea foron Celia, Julio, Patricia, Muscu, Sandra, Dukakis, Pili, Cunis, Susana, Suso, Jose, Sofía, Quintans, María, Jerry, Maika, Alvaro, Santi e Torreira. Despois fomos a festa que había na praza e de bares por Negreira.

Tamen podedes ver as fotos en https://goo.gl/photos/o3VDQMG8RgkDoAuw9

lunes, 18 de enero de 2016

Hola!!!! O 5 de decembro foi a cea de nadal da peña. A ela asistimos 2 persoas entre socios/as e simpatizantes. Este ano o restaurante elexido foi O Barqueiro de Negreira. Aqui podedes ver dúas fotos.
Recordamos que o venres 22 de xaneiro tera lugar unha reunión da peña no bar Fontana ás 21:30h. Os temas a tratar serán:
- Pagar o cota do ano 2016 que son 20€.
- Elexir o disfraz para o entroido, este ano a cea de entroido será o 5 de febreiro
- Elexir o restaurante para facer a cea de entroido.
Ide pensando ideas para o tema do disfraz

martes, 3 de noviembre de 2015

Vamos a poñer as fotos da festa Mediaval de setembro. Esta ano a festa folk de agosto quedou moi deslucida a causa da choiva, algúns dos socios fomos a comida pero poucos quedaron ata a noite, por este motivo non poñemos fotos da festa folk deste ano. Na festa Mediaval o tempo si que acompañou e pasamolo xenial, moitos dos socios disfrazáronse e quedamos para comer o sábado 5 e andar de troula toda a tarde ata a noite. Recordamos a todos os socios/as que a cea de Nadal este ano vai ser o 5 de decembro no restaurante O Barqueiro de Negreira.